ESTEBAN

ESTEBAN CALVIÑO, PROFESOR DE MATEMÁTICAS

  • Supervisou as tarefas co alumnado de 1º da ESO realizando gráficas a partir dos datos meteorolóxicos medidos na nosa estación durante o ano 2013.
  • Aquí podemos ver ao alumnado traballando.
                              

  • E a continuación una mostra das gráficas realizadas e as conclusións obtidas.
                    TEMPERATURAS MEDIAS ACADADAS EN MUXÍA NO ANO 2013



Esta gráfica representa a temperatura media mensual durante o ano 2013. Obsérvase que o mes no que se rexistrou unha temperatura media superior e o mes de Xullo. Os meses nos que se rexistraron unhas temperaturas medias inferiores foron os de Febreiro e Decembro. Durante os meses de Agosto e Setembro non se realizaron medicións.


                                  PRECIPITACIÓNS MENSUAIS EN MUXÍA (ANO 2013)
 
Esta gráfica representa as precipitacións que se produciron na localidade de Muxía durante o ano 2013. O ano foi bastante chuvioso, sendo o mes de outubro onde se rexistrou unha maior cantidade de precipitacións.
 
                                ELABORACIÓN DE CLIMOGRAMA COS DATOS ANTERIORES

Nesta gráfica ponse en común dous aspectos climáticos diferenciados. As temperaturas medias e as precipitacións rexistradas en Muxía no ano 2013. Como se ve, non se produciu unha gran variabilidade térmica, o cal é lóxico por ser Muxía unha localidade costeira. En canto as precipitacións, obsérvase que a época de verán foi a máis seca do ano como era de esperar.


                          COMPARATIVA COS DATOS DA ESTACIÓN DE CERVANTES

A gráfica representa as temperaturas medias mensuais rexistradas en dúas localidades galegas, en concreto, Muxía e Cervantes. Nos meses nos que se rexistraron as temperaturas en ambas localidades obsérvase unha maior temperatura media en Muxía. Esta gráfica serviu para introducir a análise comparativa aos alumnos de 1º ESO.